CRTVG

A nova ministra de Sanidade prometerá o cargo ante o Rei

Publicado o 12/09/2018 21:03

A nova ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo, tomará posesión do seu cargo mañá, ás nove, ante o Rei. O seu nomeamento foi publicado hoxe mesmo no BOE. Carcedo foi durante estes últimos tres meses alta comisionada para a loita contra a pobreza infantil, un cargo de nova creación, e que dependía directamente de Presidencia. A nova ministra de Sanidade, unha histórica socialista, está considerada unha persoa moi próxima ao presidente Sánchez.