CRTVG

Marga Poza: "Se hai material xenético nas augas, unha porcentaxe X da poboación ten coronavirus"

Publicado o 05/05/2020 11:13

Alertan da presenza de material xenético nas augas residuais da depuradora de Bens. A esta depuradora chegan as augas residuais de cinco concellos: A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros. Xa están desenvolvendo un proxecto de investigación. Buscan a eliminación dese material xenético antes de vertelo ao mar.

Marga Poza é a directora científica deste proxecto e Carlos Lamora é o director da central depuradora:

Carlos Lamora: "Queremos axudar en todo o que poidamos para esclarecer todo o antes posible. No proxecto están colaborando matemáticos, informáticos, microbiólogos, enxeñeiros... Cada un achega o seu gran de area para poder chegar a conclusións".

Marga Poza: "Queremos determinar a cantidade de virus que está presente nas augas residuais. O feito de que exista material xenético nas augas de Bens significa que hai unha porcentaxe X da poboación que está sufrindo o coronavirus. Isto vainos permitir ver como vai evolucionando a pandemia na nosa comarca".