CRTVG

A Revista

Mar Castro, experta en protocolo e 'Netiqueta'

Publicado o 06/10/2017 12:49

A nosa seguinte convidada é especialista en protocolo e 'Netiqueta'. Non se preocupen que enseguida lles explicamos que é esta palabra. Antes deben saber que o que chamamos realidade virtual é máis realidade que virtual, que o anonimato en Internet é moi complicado de manter, que todo queda escrito e que a imaxe que un proxecta ten tanto valor coma a imaxe que un proxecta no mundo tanxible. Quizais máis porque está exposta ao mundo!