CRTVG

A Revista

Mabel Avendaño e Juanjo Otero, presidenta e vicepresidente de ASEARPO

Publicado o 05/10/2017 13:13

O pasado domingo celebrouse o Día Nacional da Artrite Reumatoide

O pasado 1 de outubro, este domingo que quedou atrás, pasaron moitas máis cousas que as que ocupan todas as portadas. Moitas tan importantes como a da celebración do Día Nacional da Artrite Reumatoide. Moitos dos que nos ven seguro que repararon na iluminación verde que lucían moitos edificios na noite dese mesmo día. Foi para visibilizar unha doenza cunha prevalencia moi grande: máis de 30.000 galegos a padecen.

Temos con nós hoxe dous membros da Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra.

Mabel Avendaño é a súa presidenta e Juanjo Otero é o seu vicepresidente.