CRTVG

Lugo, referencia para os amantes da robótica co Arduino Day

Publicado o 01/04/2019 21:47

En Lugo ultiman estes días os preparativos do Arduino Day, que se celebrará o vindeiro sábado. Trátase dun evento en que se van xuntar máis de 600 afeccionados á robótica de toda España.

Con só 20 anos, David Arias é o membro máis novo de Makers Lugo. A súa afección á robótica comezou con 15 anos da man dun mestre de tecnoloxía e tras gañar dous anos seguidos a Liga Nacional de Robótica de Galicia acabou formando parte desta asociación de apaixonados do código aberto.

Agora el é un dos organizadores do Arduino Day, un evento que se celebra en todo o mundo para conmemorar o aniversario desta placa programable. En Lugo terá lugar o día 6 e nel citaranse máis de 600 persoas de toda España.

Entre as grandes protagonistas estarán elas, as impresoras 3D, que xa traballan arreo para darlles forma aos trofeos do evento.