CRTVG

Lucas e Andone salvan a Pepe Mel (2-1)

Publicado o 30/09/2017 15:10

O Deportivo tivo que remontar para salvar a Pepe Mel. No segundo tempo do partido, Amath fixo saltar tódalas alarmas de Riazor adiantando o Xetafe. Por sorte para o Deportivo, Lucas Perez anotou o seu primeiro gol da temporada para darlle o empate os coruñeses. Florin Andone levou a tolemia a Riazor no 87 co gol da vitoria.