CRTVG

Liberdade con tratamento para a médica que matou tres persoas en 2003

Publicado o 06/10/2017 21:19

Noelia de Migo, a doutora que matou tres persoas hai 14 anos, saiu do centro psiquiátrico ao permanecer estable da súa enfermidade, a esquizofrenia paranoide crónica.

A Audiencia Provincial de Madrid decretoulle a posta en liberdade baixo custodia familiar e con tratamento ambulatorio. Segundo os maxistrados, tras dez anos internada xa non supón un perigo para os demais nin para si mesma. De Migo acababa de gozar dun permiso penintenciario de 90 días.