CRTVG

O Deportivo golea en Riazor nun amigable co Corinthians (7-0)

Publicado o 05/10/2017 21:57

O Deportivo mediuse co Corinthians no Torneo Vitoria Memorial Moncho Rivera nun choque con fins benéficas que serviu para que os deportivistas menos habituais nos plans de Pepe Mel gozasen de minutos ante un rival composto por xogadores novos con ganas de agradar na Coruña.

O reultado final, un 7-0 onde o deportivo liderou o partido cos seguintes goles:

1-0, Óscar Pinchi, min. 41. 2-0, Raúl Albentosa, min. 49. 3-0, Borja Valle, min. 57. 4-0, Edu Expósito, min. 58. 5-0, Borja Valle, min. 66. 6-0, Luisinho, min. 73. 7-0, Albentosa, min. 84.