CRTVG

Freixente e Codorniu tamén estudan sacar a súa sede social de Cataluña

Publicado o 06/10/2017 20:39

Outras empresas e bancos seguen o camiño do Sabadell, Caixabank e Gas Natural Fenosa. Outras máis pequenas tamén estudian dar o paso e sacar a súa sede social de Cataluña.

Nas últimas horas sumouse a esa fuga o banco Mediolanum, a empresa de reprografía dixital Service Pointe, a operadora de telecomunicacións Eurona, a téxtil Dogi Internacional e o distribuidor odontolóxico Proclinic. 

Outras moi coñecidas como Freixenet e Codorniu ou o grupo asegurador Catalana Occidente estudian marchar de Cataluña. Din que o fan para defender os intereses da compañía, dos clientes, provedores e empregados ante o agravamento da crise política e na busca de maior seguridade xurídica.