CRTVG

Fede Cartabia será operado o luns dunha hernia e da pubalxia

Publicado o 08/12/2017 16:00

O Deportivo anunciou esta tarde nun comunicado que Fede Cartabia ten que pasar polo quirófano.

Será operado o luns en Porto dunha hernia que leva aparellada unha pubalxia, polo mesmo doutor que xa operou a Carles Gil. A intervención será vía laparoscópica e o tempo de baixa estimado non vai ser inferior aos dous meses. Outro contratempo para Cristóbal.