CRTVG

Morre un veciño de 63 anos de Laracha ao saír da vía o tractor que conducía

Publicado o 12/09/2018 15:03

    Un veciño da Laracha morreu tras saír da vía o tractor que conducía nun camiño en Balvís.    O home, de 63 anos, ía para a casa, a onde estaba a piques de chegar, con catro animais atados ao remolque.

O accidente mortal aconteceu na tardiña de onte no camiño de monte que discorre pola parte alta de Balvís, un lugar da parroquia de Montemaior, no concello coruñés da Laracha.A vítima, Carlos Riveiro Fariña, tiña 63 anos. Quedábanlle poucos metros de percorrido para chegar á súa casa con tres bestas e un cabalo atados ao remolque cando o tractor que conducía saíu da camiño e foi polo barranco.Cando chegaron os gardas cívis que atenderon o sinistro o corpo estaba preto do camiño e o tractor, co motor en marcha, metros máis embaixo e con dous dos animais suxeitos polas cordas ao remolque.

As outras dúas bestas, tamén ilesas,  estaban soltas.A alerta deuna unha veciña ante o atraso de Carlos en chegar á casa en que convivía cos seus pais, octoxenarios, que precisan de asistencia. O home fora recoller os animais pasada a media tarde e como non regresaba saíron na súa busca.A Garda Civil leva as pescudas do accidente. O vehículo sinistrado é un vello tractor ao que nin se lle ve a matrícula.