CRTVG

Falece un home ao caer co coche desde unha ponte da autoestrada en Oroso

Publicado o 04/10/2017 09:24

Un home faleceu tras sufrir un accidente de tráfico na AP-9 á altura do municipio de Oroso. O seu vehículo precipitouse por unha das pontes desa autoestrada e rematou na vía que enlaza Sigüeiro e Trazo, a estrada AC-461.

Segundo fontes sanitarias, ata o lugar do accidente desprazouse unha ambulancia medicalizada que confirmou o falecemento de J.A.V.G, de 47 anos.