CRTVG

Falece o condutor dunha moto ao colisionar contra un coche en Boiro

Publicado o 06/10/2017 19:17

Accidente de tráfico mortal en Boiro. A vítima é un home de 55 anos que circulaba en moto, veciño da mesma localidade.

A Garda Civil investiga as causas deste suceso. Polo que sabemos, a moto chocou con outro vehículo e os servizos médicos xa non puideron facer nada por salvarlle a vida ao motorista. O accidente foi contra a seis da tarde e ao lugar se desprazaron efectivos de tráfico, bombeiro,s policía local, rpotección civil e urxencias médicas.