En Marea decide o seu futuro en Santiago con chamadas á unidade
En Marea celebra o Plenario que vai aprobar a súa estrátexia política para as eleccións autonómicas. O partido que lidera a oposición en Galicia debate tamén as regras de xogo para renovar a súa dirección.
A xuntanza desenvólvese cunha alta participación de militantantes que desbordou as previsións da organización. O conclave foi suspendido durante vinte minutos para habilitar unha sala máis onde seguir o debate e un grupo de afliados reclamaron entrar a pesar de non estaren acreditados.
Dende primeira hora participa no conclave o alcalde compostelán, Martiño Noriega, que nos últimos meses abandeirou o sector crítico con Luís Villares.
A participación, moi superior ao do anterior conclave, dá conta da transcendencia do debate: O partido instrumental que lidera a oposición en Galicia fixará hoxe a súa estratexia electroral para as eleccións europeas. Pero ademais marcará as regras de xogo que rexerán as primarias para renovar a dirección. Luis Villares chama á unidade arredor, di, "dun proxecto nacional de país, asentado na democracia interna e na xustiza social "