CRTVG

Desaloxan un edificio nun barrio ourensán por mor dun incendio

Publicado o 06/10/2017 19:13

Desaloxan un edificio no barrio das Lagoas, en Ourense, por mor dun incendio. O lume comezou contra as tres da tarde nunha habitación do segundo andar deste inmoble na rúa Iglesias Alvariño. As lapas saíron pola ventá e afectaron tamén á fachada e as ventás e persianas do terceiro e cuarto andar. Trala actuación dos bombeiros, os veciños xa puideron regresar as súas vivendas a excepción do piso no que se iniciou o incendio, gravemente afectado tanto polo fume pola lapas.A Policía Xudicial está a investigar as causas deste lume. A dona da vivenda, alugada por habitacións, sospeita que puido ser provocado e así o denunciou ante a policía.