Derradeiro cambio ao horario de inverno?
Publicado o 27/10/2018 15:08
E lembren que esta noite temos que facer o que podería ser o último cambio ao horario do inverno.
Retrásanse os reloxos unha hora, de maneira que ás tres serán novamente as dúas. É dicir, gañamos unha hora ou durmimos unha hora máis. Está por ver se o de hoxe é ou non o último cambio ao horario do inverno, despois de que a Unión Europea decidira que máis aló do 21 de marzo de 2019 non será xa obrigatorio adiantar ou atrasar os reloxos. A partir de aí serán os estados membros os que decidan se queren rexirse de maneira permanente polo horario de inverno ou a do verán. Con todo xa hai voces que piden que a decisión se aprace ata o 2021.