CRTVG

Liorta con berros e reproches entre Jácome e Barquero no pleno de Ourense

Publicado o 06/10/2017 14:55

En Ourense concelleiros socialistas e de Ourense en Común abandonaron esta mañá o pleno. Unha sesión cargada de reproches e berros e que mesmo foi preciso suspender durante cinco minutos.

Moita tensión no primeiro pleno do mes de outubro en Ourense. Houbo abandono dos tres concelleiros de Ourense en Común. Tamén o grupo socialista abandonou a sesión.

O pleno suspendeuse cinco minutos e retomouse só coa comparecencia de PP e Democracia Ourensana. Un pleno no que finalmente quedou aprobada a primera rebaixa do IBI en duas décadas. Unha medida que, din, suporá un aforro de preto de 2 millóns de euros para os ourensáns.