CRTVG

Telexornal Mediodía

Comezou en Galicia a proba de acceso a Universidade, moi parecida a antiga selectividade

Publicado o 07/06/2017 15:01
Comezaron os exames da nova selectividade, á que desde hoxe se enfrontan 10.550 alumnos galegos, pasaron xa os primeiros nervios pero aínda quedan esta tarde e dous días intensos. Apuntamentos na man para un último repaso, caras de sono, e moitos nervios nos momentos previos ao inicio da ABAU, a proba de Avalición do Bacharelato para o Acceso á Universidade á que desde hoxe e ata o venres se enfrontan 10.550 alumnos en Galicia. Unha nova proba da que os alumnos coñeceron os pormenores practicamente a mediados de curso. Aínda así cren que non se diferencian tanto da antiga PAU. Maximini: 19:52..20:04 Pouco antes das 10 da mañá baixo a atenta mirada de varias testemuñas o presidente da comisión abría a caixa que contén os exames de lingua castelá e literatura e historia de España cos que os alumnos estreaban esta proba. Boas sensación nesta primeira xornada que transcorreu sen incidencias. Esta tarde realizarán as probas de lingua galega e literatura e lingua estranxeira.