CRTVG

Comeza o Pontus Lupulus, o festival de exaltación da cervexa artesá

Publicado o 06/10/2017 21:54

A terceira edición de Pontus Lupulus, o festival de exaltación da cervexa artesá da Boa Vila, xa deu comezo cun ambicioso programa. Ten como temática a importancia da cervexa en Galicia. Neste evento pontevedrés repártese un promedio de 2.500 litros. A iniciativa comezou hai tres anos e dende aquel momento vai collendo máis sona.

Entre as actividades planificadas hai diferentes concertos, sorteos, obradoiros para nenos e exposicións ademas de numerosas catas de cervexa.