CRTVG

Localizado sen vida dentro dun pozo o desaparecido de Currás

Publicado o 05/10/2017 21:17

Trátase de Andrés Martínez Grande de 79 anos de idade. A última vez que fora visto foi cando marchou da súa casa, na localidade de Currás, onde vivía coa súa muller. A familia temía pola súa saúde xa que o desaparecido padecía diabetes. No operativo de busca participaron membros da Garda Civil, Protección Civil e GES  co apoio dun helicóptero e dun dron.