CRTVG

Buscan un home de Melide que escapou dunha residencia de Bóveda

Publicado o 06/10/2017 13:54

A Garda Civil busca un veciño de Melide que o domingo pasado escapou da residencia para persoas con discapacidade de Bóveda, en Lugo, na que estaba internado. O home está enfermo e precisa medicación. 

Esta mañá, a familia colocaba carteis neste concello e nos lindeiros, por se alguén lles pode dar pistas sobre o seu paradoiro. Dende o domingo Loly e o seus irmáns non saben nada do paradoiro de seu pai. Salvador, de 59 anos, escapou da residencia para ir ata Melide.