CRTVG

As confrarías de Noia buscan minimizar o impacto da toxina nos bancos marisqueiros

Publicado o 06/10/2017 21:29

Despois de dúas semanas e media de que comezase a campaña de marisqueo na ría de Muros e Noia, a actividade é nula. Un episodio de toxina impide coller berberecho e ameixa. A confraría asume que contra a natureza pouco se pode facer pero busca fórmulas coa administración para coñecer as análises canto antes e reducir así a perda económica.

As confrarías buscan minimizar o impacto que supón a presencia de toxinas nas augas nas que traballan. Saben que os episodios naturais de marea vermella son impredecibles e ante eso pouco hai que facer pero buscan as fórmulas precisas para coñecer os datos das analíticas antes da poxa, xusto despois de que o marisco chegue a lonxa.

A confraría de Noia mesmo envía un operario para achegar as análises o Intecmar, o centro encargado de pechar ou abrir as zonas. Todo para lograr que o impacto económico sexa o menor posible. Despois de duas semanas e media de campaña, con boas perspectivas, os mariscadores de ameixa e berberecho da ría de Noia tiveron que frear a súa actividade esta semana. O ano pasado xa sufriran un por estas datas que durou tres semanas.