CRTVG

Artur Mas: "Cataluña non está preparada para a independencia real"

Publicado o 06/10/2017 21:06

O ex-presidente da Generalitat, Artur Mas, considera que Cataluña aínda non está preparada para a independencia real.

Nunha entrevista concedida ao xornal británico Financial Times, o ex-presidente asegura que Cataluña gañou o dereito a converterse nun estado independente, pero admitiu a existencia dun debate sobre se é o momento para unha declaración unilateral de independencia. Pouco despois, Mas publicou un comunicado matizando as súas palabras. Di que o que quixo dicir é que a independencia non será real ata que Cataluña non teña o control das fronteiras, facenda e xustiza.