CRTVG

Absolto o único acusado do dobre crime de Almonte tras tres anos na cadea

Publicado o 06/10/2017 21:21

Absolto o único acusado do dobre crime de Almonte. A xuíza vén de decretar a súa posta en liberdade tras o veredicto do xurado popular, que o declara non culpable. O acusado, que levaba na cadea tres anos, reiterou a súa inocencia ata o último momento. Expresou ademais no xuízo o seu desexo de que se colla o veradeiro culpable de matar un home e a súa filla de oito anos en Huelva hai máis de catro anos.