CRTVG

Telexornal Mediodía

Abre en Barbadás o Museo da Gaita de Fole

Publicado o 06/10/2017 15:31

Un novo museo, que acaba de abrir as súas portas no concello ourensán de Barbadás, percorre a historia da gaita de fol, a típica gaita galega, desde as orixes ata a actualidade. 

Un gran mural no patio do museo convídanos a entrar na historia do instrumento por excelencia do folclore galego. A historia da gaita desde as súas orixes, vinculadas á aristocracia, ata a súa popularización, xa na idade contemporánea. Podemos velo e podemos escoitalo, xa que a mostra inclúe reproducións do son da gaita nas distintas épocas da historia. No Museo da gaita de fole apenas hai gaitas. Explícana mediante paneis e ilustracións que tamén se escoitan. 

A mostra fai un percorrido de máis de mil anos, desde o uso pola sociedade medieval no século IX. Un museo promovido polo concello de Barbadás, que pretende seguir dándolle contido con cursos, obradoiros e a reprodución dun taller artesán da gaita.