CRTVG

A tormenta Nate chega a México despois de deixar 22 mortos en Centroamérica

Publicado o 06/10/2017 22:11

A tormenta tropical Nate está a piques de tocar a costa mexicana. Ao seu paso por Centroamérica deixou 22 mortos, varios desaparecidos e milleiros de persoas sen fogar. No Yucatán e no oeste de Cuba, as autoridades alertan do risco de ondas destrutivas e dunha suba dun metro do nivel do mar. No seu avance Nate vai gañando forza. Agárdase que este domingo chegue aos Estados Unidos convertida xa en furacán.