A marea vermella mantén pechados máis da metade dos polígonos bateeiros
Publicado o 05/05/2020 14:29
Este novo episodio de marea vermella instalouse nas nosas augas a metade do mes de abril e na actualidade mantén pechados unha gran parte dos polígonos beteeiros de Galicia. A ría de Pontevedra e Muros-Noia son as zonas máis afectadas coa totalidade das bateas sen actividade.
Pola contra, a ría de Arousa é a que conta co maior número de bateas abertas, en total 15, seguida da ría de Vigo, con cinco. Entre as dúas están a garantir o abastecemento de mexillón nos mercados. Respecto ás previsións, este episodio podería alongarse aínda semanas ou meses.
A toxina lipofílica tamén afecta outros moluscos, como a ameixa e o berberecho, sobre todo nas rías máis ao norte.