CRTVG

A Generalitat publica os resultados definitivos do referendo do 1-O

Publicado o 06/10/2017 20:53

O Govern publicou os resultados definitivos do referendo do domingo, suspendido polo Tribunal Constitucional. Uns resultados que non cadran cos provisionais.

Na consulta participaron o 43% dos cataláns con dereito a voto. O 90,15% votaron a favor da independencia e o 7,83% en contra. Con respecto aos resultados provisionais do domingo, o número de síes aumentou máis que o número total de votos. Un dato que dende o Gover atribúen ao descenso de votos nulos. O establecemento dun censo universal tamén motivou que nalgúns concellos o número de votos duplicase ao de votantes censados.

O 90,18 por cento dos cataláns que participaron no referendo secesionista suspendido polo Tribunal Constitucional, votaron a favor da independencia de Cataluña. Mentres que o 7,83 votou en contra. Tamén houbo un 4 por cento de votos en blanco e un 2% de votos nulos.

Na consulta independentista participaron o 43 por cento dos cidadadáns con dereito a voto, menos da metade. Estes resultados definitivos non cadran cos provisionais, que facilitou o Govern o pasado domingo. O número de síes aumenta máis que o número total de votos. Un dato que dende o Govern atribúen á redución do número de votos nulos.

A decisión de configurar un censo universal, que permitía aos cidadáns votar en calquera colexio electoral, deixou outros datos chamativos. Nalgúns concellos o número de votos duplicou ao de habitantes censados. En Pont d'Armentera, cun censo de 393 persoas, exerceron o seu dereito a voto 967 persoas. 

En Polinyá, cun censo de 5910 persoas, déronse por válidos 10.125 votos. Dase a circunstancia de que neste último concello gañou as últimas eleccións municipais Ciudadanos, un partido que chamou a non participar no referendo secesionista do domingo.