CRTVG

A "galega" Natalia Oreiro, "la Coruñita", presentou os Premios Platino

Publicado o 31/07/2016 12:56

A actriz e cantante foi a encargada da gran noite do cinema iberoamericano

Esta fin de semana celebrouse no Uruguai a gran noite do cinema iberoamericano, os Premios Platino. Unha cita na que unha actriz de sangue galego, Natalia Oreiro, foi protagonista como como conductora da cerimonia. 

A artista estivo cun equipo desta casa, da Televisión de Galicia, contando como afrontou ese reto e algunhas anécdotas da súa infancia no Cono Sur latinoamericano.