CRTVG

A décima promoción do Proxecto Estalmat-Galicia comeza a súa andaina

Publicado o 24/09/2016 14:08

A finalidade deste campamento é estimular o talento matemático de rapaces de 12 e 13 anos chegados das catro provincias galegas

O Proxecto Estalmat- Galicia de Estímulo do talento matemático presentou hoxe a súa décima promoción. Vinte e cinco rapaces de 12 e 13 anos, chegados das catro provincias galegas, puxeron rumbo ao campamento que dá inicio a esta andaina.

Facer que medre o seu gusto polas matemáticas é a finalidade última do Proxecto Estalmat- Galicia de estímulo do talento matemático.

Vinte e cinco rapaces, escollidos de entre case 400 estudantes das catro provincias galegas, son os elixidos para participar nun programa, no que aprenderán a materia con actividades moi lúdicas, como fotografía matemática, xogos con omnipoliedros, etc.

A andaina comeza esta fin de semana cun campamento e continuará ao longo do curso escolar cun variado programa. Pode que ao rematalo, como xa pasou noutras edicións, algún participante decida estudar ou dedicarse ás matemáticas.