CRTVG

A campaña de vacinación antigripal empeza o 23 de outubro

Publicado o 06/10/2017 15:01

A Consellería de Sanidade vai dispor de 560.000 doses de vacina antigripal que se administrarán en 900 puntos de toda a comunidade, a partir do 23 de outubro.A campaña, que remata o 29 de decembro, está dirixida especialmente a maiores de 65 anos, persoas con doenzas crónicas, persoal sanitario e usuarios de residencias. Responsables da Consellería desmentiron que a propia vacina provoque a doenza.

"As vacinas son virus inactivos, logo non poden causar infección e non poden provocar gripe.Hai que destacar isto para que a xente non teña medo a vacinarse. Ao contrario, todo son vantaxes".
Os responsables sanitarios insistiron en que non é unha enfermidade menor, e lembraron que o ano pasado houbo preto de 2.000 ingresos nos hospitais galegos e 136 mortes comprobadas mediante analítica. Sanidade prevé que este ano a cepa, mutada, sexa a mesma. "Non se espera que circule intensamente ata o Nadal, non creemos que vaia ser excesivamente intensa". 

O ano pasado a gripe afectou sobre todo persoas maiores, polo que o Sergas chamará os anciáns que na cuarta semana da campaña aínda non se foran vacinar