CRTVG

A avogada Ana Camiño explícanos as condicións laborais esixibles nas colleitas

Publicado o 03/10/2017 13:43

Hai unhas semanas, durante a recollida da pataca na Limia, a execución de varias inspeccións de traballo revolucionou a comarca. Pedían os papeis, os contratos dos traballadores para comprobar que todo estaba en regra. O caso é que na recollida da pataca, como agora na do viño, traballan moitas veces familias enteiras de explotacións de veciños que despois reciben o mesmo favor. E iso é do que imos falar hoxe coa nosa avogada Ana Camiño.