CRTVG

A Revista

A actriz Fina Calleja cóntanos como vai ser a nova serie da TVG, 'Viradeira'

Publicado o 21/08/2017 12:59


E nesta Revista ímoslles avanzar un pouquiño dunha das series coas que comezará a temporada de outono na Televisión de Galicia: 'Viradeira!'. Humor e aventuras ambientadas nunha vila mariñeira onde a posibilidade de atopar o ouro dun galeón afundido enfronta cazatesouros e veciños. Ten unha pinta estupenda! Estará con nós Fina Calleja, actriz que nos contará se a ela tamén lle tocou gravar escenas subacuáticas ao máis puro estilo do capitán Cousteau!