Zigzag diario
40 anos de fotografías de José Caruncho
Publicado o 03/05/2018 17:10
O fotógrafo coruñés José Caruncho expón no Kiosko Alfonso da Coruña un resumo dos seus 40 anos dedicados á fotografía. Faino cunha selección de 230 fotografías con temáticas diversas paisaxes galegas, norteamericanas retratos ou a Lúa na súa cidade. Imaxes en branco e negro e seguindo o clasicismo que caracteriza o seu facer.