CRTVG

2.000 estudantes comezaron esta mañá as probas da ABAU de setembro

Publicado o 12/09/2018 14:14

Rematou a primeira xornada dos últimos exames de setembro da ABAU. 2.000 alumnos preséntanse a antes coñecida coma selectividade sabendo que só se van poder matricular en menos da metade das titulacións.

2.000 mozos están decidindo o seu futuro universitario de aquí ao venres. Son os alumnos que fan o exame de setembro da ABAU, e todos eles son conscentes de que van ter pouco onde elixir. Só quedan prazas en 70 titulacións e son case 100 as que xa pecharon as matrículas.

É o último ano que haberá convocatoria de setembro. Este curso que comeza a ABAU será en xuño e segunda convocatoria será en xullo.

Setembro non é só dos que suspenden, aquí tamén hai moitos que se examinan para subir nota e poder acceder ás titulacións que aínda teñen prazas dispoñibles.