CRTVG

Buscar

Amorear pedras na praia das Catedrais: unha moda que estraga o medio ambiente

Publicado o 26/07/2021 17:07

Miles de visitantes esgotan a diario os pases para baixar á praia das Catedrais, pero no areal obsérvanse condutas incívicas como a de amorear as súas pedras.

"Faino unha persoa e os demais seguen a moda. Nós quitámolas e se vemos a alguén chamámoslles a atención", sinala o socorrista Roberto Burgo.

Unha moda que moitos cualifican de absurda. "Outra parvada máis. Nós vimos a praia enteira sen tocar nada".

E detrás da que hai danos irreparables, dado que se altera e erosiona o ecosistema. "Estragamos o ecosistema, hai xente que leva as pedras... é mellor que non se faga".

Moitos din que aínda falta concienciación. "É unha pena que se degrade todo por culpa nosa, que somos os peores. Facendo algo de control as cousas pódense conservar moi ben".

Alterar un espazo protexido coma este pode considerarse unha infracción leve, con sancións que van ata os 3.000 euros.

Noticias web

26/07/2021