CRTVG

Buscar

Amordazan o cura dunha parroquia de Viveiro e lévanlle mil euros

Publicado o 05/01/2019 14:45

Tres descoñecidos amordazaron o cura dunha parroquia de Viveiro e leváronlle mil euros que gardaba nun sobre na casa reitoral. Ocorreu a última hora da tarde. O home, suxeito con cinta a unha cadeira, foi pedir auxilio xunto duns veciños. A Policía Nacional de Viveiro investiga o caso.

Cun tremendo susto acabou o párroco desta igrexa de Viveiro. Tres persoas abordárono cando ía entrar na casa reitoral e atárono a unha cadeira para lle roubar. Cando os atracadores fuxiron cos cartos foi pedir auxilio á casa máis próxima.

Sucedeu ao solpor. Os descoñecidos actuaron con rapidez, con brusquedade, pero sen chegar a mancar á súa vítima, un cura de 85 anos ao que sorprenderon e que non tivo oportunidade de ofrecer resistencia.

Logo de rexistrar a casa, os atracadores levaron canda eles un sobre con cartos que, segundo algunhas versións, podería conter ata mil euros.
A vítima leva máis de medio século de párroco neste lugar. Moi apreciado polos veciños, arroupárono en canto trascendeu o suceso. No seu entorno máis próximo declinaron facer declaracións. Logo do roubo levárono ao médico, pero arestora se encontra en bo estado.






 

Noticias web

05/01/2019