CRTVG

Buscar

Amnistía Internacional denuncia o desmantelamento da atención primaria

Publicado o 25/02/2021 08:08
Amnistía Internacional denuncia o desmantelamento da atención primaria

Amnistía Internacional denuncia que a atención primaria sofre dúas pandemias: a da COVID−19 e a da deficiente xestión sanitaria. Un informe desta organización de dereitos humanos sinala que a falta de investimento antes da pandemia prexudicou as persoas máis vulnerables e desatendeu outras enfermidades.

As coidadoras e o persoal sanitario contaxiado sufriron especialmente as consecuencias dunha atención primaria debilitada. O informe, que se centra na Comunidade de Madrid, en Cataluña e en Castela-A Mancha, analiza a sobrecarga e o desamparo do persoal sanitario en plena campaña de vacinación.

Noticias web

25/02/2021