CRTVG

Buscar

Amio, á cabeza dos mercados españois de gando

Publicado o 13/06/2018 14:52

O mercado de Amio, en Santiago, consolídase como o máis importante de España en transaccións de gando vacún. Por segundo ano consecutivo logrou superar o mercado de Torrelavega, en Cantabria,  e ser o primeiro do Estado tanto en número de animais como en facturación. 

Mércores. Día de feira en Amio. Tratantes de dentro e fóra de Galicia cítanse en Santiago para comprar e vender os seus animais. 

Nunha nave está o gando de recría, xatos destinados a cebadoiros de Cataluña, Aragón ou Andalucía. Noutra venden os animais de abasto, que van directos ao sacrificio. 

O sistema de compravenda segue a ser o tradicional, en Amio non se fai poxa. Os feirantes regatean para  pechar acordos, como se facía nas carballeiras. O que si se fixan son uns prezos de referencia pró sector.

Lograr que os prezos remonten e seguir mellorando as condicións para o benestar dos animais. Son os dous grandes retos de futuro para unha das prazas con maior tradición e prestixio do Estado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018