CRTVG

Buscar

Familiares e amigos piden máis medios para atopar a Iago de la Puente

Publicado o 15/09/2019 12:56

Familiares e amigos do mozo Iago de La Puente, desaparecido hai dous meses, convocan para hoxe domingo unha concentración na Coruña. Do mozo non se sabe nada desde que desapareceu o pasado 14 de xullo en Ortigueira. A concentración está prevista para as 12 da mañá na Praza de Pontevedra.

Entroutras cousas, os amigos e familiares de Iago reclaman máis medios para buscalo. A Garda Civil asegura que a investigación está sendo complicada e que non hai indicios que apunten a unha desaparición forzosa.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/09/2019