Amigos da vítima do crime de Ponte Caldelas din que se sentía ameazado
Iniciouse a segunda sesión do xuízo polo crime de Ponte Caldelas, que se retomou coa declaración dun amigo do falecido e que onte quedara a medias. Manifestou que o acompañara poñer unha denuncia ao cuartel da Garda Civil porque lle aparecera o coche raiado e coas rodas picadas. Destacou que Manuel comezou a estar nervioso e que chamaran un par de veces ao timbre.
O avogado de Marcos Vidal manifestou que o seu defendido se viñera abaixo e por iso cambiou de parecer coa súa declaración.
Declarou unha compañeira de traballo da viúva, que a vira desencaixada logo de recibir unha chamada e que marchara do hospital en que traballaba. Un detective que o falecido contratara tamén declarou e destacou que Manuel estaba preocupado, que o acompañara por seguridade e ensinoulle varias mensaxes no móbil.
Os axentes que participaron na detención do acusado manifestaron que Marcos entregoulles a navalla e que recoñecera os feitos.
Segundo manifestou o avogado do acusado, a viúva falara con Marcos para que asustara ao seu marido.
Mañá será a quenda das probas periciais.