CRTVG

Buscar

Amigos, compañeiros de profesión e políticos despiden a Cuerda

Publicado o 05/02/2020 17:29

Familiares e amigos, pero tamén o mundo do cine, da cultura e da política, despediron esta tarde a José Luis Cuerda. Os restos do cineasta foron incinerados ás sete no tanatorio da Paz, en Tres Cantos, Madrid.

Numerosas persoas pasaron durante toda a xornada polo lugar para acompañar a familia. Entre eles, o ministro de Cultura, José Manuel Rodríguez Uribes, e o vicepresidente Pablo Iglesias. Tamén o director de cine Manuel Gutiérrez Aragón, o humorista Andreu Buenafuente, o seu amigo persoal Manuel Vicent e moita xente do mundo do espectáculo, como Víctor Manuel, Ana Belén ou a cantante Massiel.

Noticias web

05/02/2020