CRTVG

Buscar

Bos días

American Airlines recomenda non viaxar a Barcelona

Publicado o 06/10/2017 09:35

A compañía American Airlines recoméndalles aos seus clientes con destino a Barcelona que non viaxen á cidade condal nos próximos días.

A liña aérea suxírelles aos viaxeiros que, ante a previsión de problemas derivados das tensións políticas, pospoñan a súa viaxe ata despois do 12 de outubro. Mentres, A Mesa do Turismo alerta das graves consecuencias do proceso de secesión para a actividade turística en Cataluña. A entidade, que defende os intereses das empresas do sector, asegura que o turismo cultural e o de compras se verán especialmente afectados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

06/10/2017