CRTVG

Buscar

Ameixas e berberechos alcanzan prezos récord nestas datas

Publicado o 30/12/2020 15:20

Ultimo día de faena do 2020. En Noia aproveitan a xornada de marisqueo porque nestas datas de Nadal aumenta o consumo en fresco de determinadas especies, pero este ano a situación é excepcional, estanse acadando prezos históricos nas lonxas.

A ameixa fina chegou a venderse por riba dos 90 euros o quilo. En Carreira e Aguiño tamén viron como as súas capturas acadaban prezos históricos, a ameixa babosa chegou aos 40 euros o quilo, cando din que o ano pasado por estas datas se vendía a 30 euros o quilo. Así e todo, hai quen non se deixa levar pola euforia

Chelo Rodríguez é mariscadora e explica que a suba de prezos destes días "non quere dicir nada, porque antes non levou moi bo prezo e estes días solos Estos días sós non che compensa o pasado." Pilar Rey tamén é mariscadora e explica que "non houbo marisco en cantidade e que foi un ano bastante fastidiado".

Ainda así, acabar o 2020 con esta subida de prezos nas lonxas non deixa de ser unha boa noticia para quen pasa o día no mar.

"Agora este mes de diciembre, concretamente nestes últimos quince días, estes prezos alegran a vida", conta un mariscador de Noia.

Na Lonxa de Ribeira tamén rexistraron onte altos prezos, a ameixa babosa, cun prezo medio de 40 euros o quilo.

Noticias web

30/12/2020