CRTVG

Buscar

Ameaza cunha barra de ferro un condutor en Ourense por unha discusión de tráfico

Publicado o 16/04/2018 14:11

E en Ourense cidade un condutor ameazou outro cunha barra de ferro.

A Policía Local sorprendeu pouco antes das dez da mañá, na rúa Marcelo Macías, o home cunha barra de ferro na man ameazando outro home co que supostamente tivera minutos antes unha discusión relacionada co tráfico. Os axentes requisáronlle o ferro e denunciárono, ten 58 anos e é veciño de San Cibrao. A Policía Local de Ourense tamén denunciou esta fin de semana oito persoas por conducir baixo os efectos do alcol, dúas delas foron descubertas tras provocar senllos accidentes. Outro, que conducía un ciclomotor, circulaba por dirección prohibida multiplicando por seis a taxa de alcol máxima permitida. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018