CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Ambiente de verán en pleno outubro en moitas praias galegas

Publicado o 06/10/2017 14:29

No paseo é outono e na praia volve ser verán, e hai que aproveitar calquera día de sol. Esta é a filosofía de moitos dos usuarios da gran praia viguesa.

Tras as néboas dos días pasados, moitos non trouxeron hoxe o bañador, pero non van soltalo nos vindeiros días. O bo tempo poderíase prolongar ata mediados da semana que vén. En Samil aínda quedan turistas, algúns deles portugueses, gozando da ponte do día da República.

A auga está boa e o sol quenta ben. Son días agradables para se bañar, correr, pasear cos cans ou mesmo rebuscar entre as rochas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí