CRTVG

Buscar

Ambiente a golpe de música nos balcóns do Porriño

Publicado o 24/03/2020 20:51

E fíxense no ambiente que hai nos balcóns das rúas do Porriño. Alí os
veciños queren levar o confinamento do xeito máis divertido e próximo aos
seus veciños. Tras os aplausos das oito da tarde, comeza a
soar a música, e isto convértese nunha verdadeira discoteca. Ao son da
gaita, un dos veciños interpretou o himno galego, e o animado público
arrincouse a cantar. Logo chegou o ritmo dos oitenta a golpe de Antonio
Vega, cando os veciños comezaron a bailar. E como non querían que o ritmo
parara, as empregadas dun supermercado mesmo fixeron unha coreografía.
Ata que os veciños sacaron as lanternas ao son de Chris Martin.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/03/2020