CRTVG

Buscar

Amazon proxecta abrir en Alvedro a súa segunda nave loxística en Galicia

Publicado o 26/09/2019 17:12

Amazon expándese en Galicia. Proxecta a segunda nave loxística na Coruña. En concreto, estará no polígono de Alvedro. Instalarase nunha superficie de 10.000 metros cadrados.

Amazon valora as boas comunicacións nesta zona, moi próxima á autoestrada AP-9, á autovía A6 e ao aeroporto de Alvedro. A outra nave está no Porriño.

A primeiros de mes, a empresa iniciou o proceso de selección para 40 postos de traballo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí