CRTVG

Buscar

Amazon anuncia 100.000 novos contratos polo aumento de demanda

Publicado o 17/03/2020 09:19

A compañía Amazon anunciou este luns que contratará cen mil traballadores de almacén e entrega nos Estados Unidos ante o forte aumento de pedidos.
Os consumidores están a mercar moito polo medo a que se propague o brote de coronavirus.
A compañía online de distribución dixo que investirá máis de 350 millóns de dólares para aumentar os salarios dos traballadores ao redor duns dous euros por hora. Isto abrangue os da Unión Europea.
A alta demanda de pedidos a Amazon tamén se está a producir en España, e en concreto no tocante á subministración de alimentos frescos.

Noticias web

17/03/2020