CRTVG

Buscar

Amazon abrirá no Porriño o seu primeiro centro de loxística do noroeste de España

Publicado o 29/07/2019 18:46

Amazon abrirá este verán no Porriño o seu primeiro centro de loxística do noroeste de España. O xigante da venda en Internet ocupará unha superficie de 4.000 metros cadrados e vai xerar 60 postos de traballo.

O xigante Amazon desembarca no noroeste peninsular cunha estación loxística de 4.000 metros cadrados no Porriño. A multinacional líder da venda en liña ten previsto abrir as novas instalacións este verán. Isto supón a creación de mais de sesenta empregos, trinta deles directos e, o resto, condutores das dúas empresas de repartimento independentes coas que traballarán.

Os centros loxísticos e de distribución de Amazon enviarán os paquetes á nova estación do Porriño para que sexan cargados e repartidos en Vigo e na súa área metropolitana, así como en Pontevedra e no resto da provincia.

O centro do Porriño sumarase á rede loxística de Amazon en España, que arrancou no 2012 cunha nave en San Fernando de Henares, en Madrid. Nestes sete anos abriron tres centros máis en Barcelona, outro en Madrid e outro en Toledo. Amais, o xigante de Internet conta con once estacións loxísticas e outros dous centros urbanos na capital e en Barcelona.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/07/2019